1
apio
1 tomate
1 cenoria
1 chourizo
Comiño, especias para callos, noz moscada, pementa doce
Sal, aceite, auga
1 tomate
1 cenoria
1 chourizo
Comiño, especias para callos, noz moscada, pementa doce
Sal, aceite, auga
-
Poñemos auga nunha pota, engadimos o sal e as lentellas. Botamos tamén a cebola, o apio, a cenoria e a pataca (dentro dunha rede para legumes, se temos unha, para logo sacalas da pota). Se temos un anaco de carne podemos engadilo tamén.
-
Mentres comezan a ferver as lentellas, poñemos nunha tixola un pouco de aceite, o chourizo cortado ao gusto de cadaquén e raiamos o tomate.
-
Engadimos as especias tixola: un pouco de comiño, especias para callos, noz moscada e pementa doce removemos ben. Botamos tamén un pouco de auga da pota das lentellas e deixamos cociñarse 5 minutos.
-
Pasado este tempo engadimos todo o contido da tixola á pota, removemos e deixamos cociñarse outros 20 minutos.
-
Pasado este tempo, retiramos as legumes e as trituramos co batedor, facendo un puré que volveremos a engadir ás lentellas. Remexemos e deixamos outros 5 minutos ao lume.
-
Xa temos as nosas lentellas listas!
Que boa pinta para eses días de inverno!!😋
ResponderEliminarTomo nota e probareina un día destes 🤗
ResponderEliminar