martes, 31 de marzo de 2020

" CROQUETAS CASEIRAS DE ESPINACAS E CHICHARRÓNS "



📌 INGREDINTES:

▪ Aceite de oliva (8 culleres)
▪ Manteiga (50 grs.)
▪ Fariña (400 grs.)
▪ Leite (1l.)
▪ Noz moscada (pizca)
▪ Sal (pizca)
▪ Espinacas e chicharróns (400 grs.)
▪ Ovos (4 uds.)
▪ Pan raiado

📝 PREPARACIÓN:

  1. Tostamos a fariña para a bechamel: Ponse a tixola/pota ó lume co aceite e a manteiga. Cando esté un pouco quente (bastante antes de botar fume) apártase a pota e vaise botando con unha culler de madeira a fariña á pota movéndoa ata que se vexa que se fai masa. É importante removela durante 3 ou 4 minutos para que se toste a fariña e as croquetas non sepan a fariña cruda.
  2. Facemos a bechamel: Ponse novamente a pota ó lume frouxo e añádese o leite pouco a pouco; sin parar de mover a masa ata que esté cocida e consistente. Entón engádese a noz moscada, un pouco de sal e o ingredinte elexido picado, neste caso as espinacas e os chicharróns. Déixase cocendo na pota sen parar de movela ata que se espese.
  3. Enfriamos a masa das croquetas: Unha vez espesa a bechamel, vacíase nunha bandexa e déixase enfriar fóra da neveira durante unha hora aproximadamente. Despois, métese na neveira unhas dúas horas como mínimo, mellor dun dia para outro, tapándoa con papel film para que non se seque. Isto ata que a masa se enfríe de todo e quede ben espesa.
  4. Damos forma ás croquetas caseiras: Bátense os ovos aparte. Unha vez fría a masa, con moito coidado e coa axuda de dúas culleres, unha en cada man, vanse formando e moldeando as croquetas do tamaño da culler máis ou menos. Non o fagas coas mans, é mellor coas culleres. Vas pasándoas por fariña, polo ovo e déixalas no prato do pan raiado. Ahora coas dúas mans recolles as croquetas ó mesmo tempo que colles unha morea de pan raiado coas mans, para que non se che pegue ós dedos. Empana ben as croquetas e dalle a forma, que queden ben cubertas e compactas. E así con todas, ata rematar a masa. Vai deixándoas nun prato grande. Cando xa estén todas empanadas, méteas na neveira unha hora.
  5. Fritimos as croquetas:  Frítense en bastante aceite quente, que as cubra. Dalles a volta con coidado e ten coidado porque se queiman moi axiña. Cando se poñan doradas sácanse e póñense a escorrer sobre papel de cociña para sacarlles o exceso de grasa. Emplatamos (decorando do xeito que nos guste) e a papar !


5 comentarios:

  1. Mmmm! Que pintaza... Probareinas, a ver se me saen tan boas como parece que vos saíron a vós. Grazas por compartir!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. 👏👏👏👏 Anímate a Dana encantaralle facer as boliñas! 🤣😂

      Eliminar
  2. Joooo!! que pintaza. Faiseme a boca auga!!

    ResponderEliminar
  3. Ten unha pinta boísima Ainara!!😋
    Gorka☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar

French omelette with chorizo

Ingredients 3 eggs 3 slices of chorizo A tablespoon of olive oil A pinch of salt Directions 1. Beat eggs and salt in small bowl unti...