luns, 27 de abril de 2020

Polbo á feira

Ingredientes (para 4 persoas):
1 polbo grande ou 2 polbos pequenos conxelados.
Patacas.
Sal gordo.
Aceite de oliva.
Pimentón picante.

Preparación:
Desconxelamos o polbo (toda a noite), unha vez desconxelado hai que quitarlle os ollos e o pico da boca e lavalo ben.
 Nunha pota grande poñemos bastante auga a ferver, o polbo ten que estar cuberto por toda a auga. Cando a auga estea fervendo, collemos o polbo e introducímolo na pota tres veces, dentro-fóra, dentro- fóra para que este se encaracole e na terceira vez queda xa na pota durante 15 minutos se é pequeno e 20 minutos se é un polbo grande.
Mentres o polbo está na pota, imos cortando as patacas.
Pasados os 15 ou 20 minutos do polbo, sacámolo para unha bandexa (debemos sacalo da auga mentras se fan as patacas para que non pele) e nesa auga de facer o polbo, cocemos as patacas.
Unha vez están cocidas as patacas retirámolas do lume e poñemos o polbo na  2 minutos de novo na auga quente. Despois cortamos e servimos co aceite, sal e pimentón ao gusto.



Gorka.

2 comentarios:

  1. Wow! Que sabroso o 🐙 e que ben nolo pasábamos polas feiras e polas festas populares de Galicia. Canto o boto de menos 😔,agardo que todo volva á normalidade.🙇‍♀️

    ResponderEliminar
  2. Si!! A mín encántame o polbo!! 😋 aínda teremos que esperar un pouco para esa "nova normañlidade" o caso é volver seguros.
    Mentras tanto disfruatremos dese polbo na casa.
    Gorka.

    ResponderEliminar

French omelette with chorizo

Ingredients 3 eggs 3 slices of chorizo A tablespoon of olive oil A pinch of salt Directions 1. Beat eggs and salt in small bowl unti...