4 lomos gordos de bacallau.
2-3 pementos grandes vermellos/ verdes.
1 cebola
Aceite
Preparación:
Botamos abundante aceote nun sartén e douramos a cebola cortada en cachiños moi pequenos.
Mentras se doura a celola imos picando os pementos, tamén en cachiños pequenos para engadirlle a cebola, unha vez todo na sartén deixamos pochar todo durante 15 minutos aproximadamente.
Cando esté todo pochadiño reservamos.
Nunha bandexa apta para o forno poñemos os lomos de bacallau e botámoslle por enriba toda a salsa feita na sartén e que tiñamos reservada.
Meter no forno a 180 durante 20/25 min.
A esta receita non lle botamos sal porque o bacallau xa está a punto de sal.
Podemos acompañar este bacallau cunhas patacas cocidas e unha ensalada.
A comer!!
Nesta segunda foto vemos a cebola e os pementos dourandose na sartén.

