Amosando publicacións coa etiqueta ENTRANTES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENTRANTES. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de abril de 2020

EMPANADILLAS DE CARNE PICADA


EMPANADILLAS DE CARNE (15 unidades)
 
Ingredientes:

- 1 paquete de masa de hoxaldre conxelada.
 
- 400 g de carne picada.

- 1 cenoria.
 
- 1 pemento vermello.
 
- 2 cebolas medianas.
 
- Salsa de tomate.
 
- Aceite de oliva.
 
-1 ou 2 ovos.



 PREPARACIÓN:
 
(Antes de comezar coa preparación da receita hai que deixar 

desconxelar a masa durante dúas horas).

1. Fritimos a carne picada nunha tixola cun pouquiño de aceite de

oliva.

2. Picamos moi miudiña a cebola, a cenoria e o pemento. Cando a

 carne picada estea un pouquiño feita, engadimos os vexetais e 

deixamos pochar todo xunto a lume non moi alto durante un 

cuarto de hora máis ou menos.
 
3. Engadimos a salsa de tomate en abundancia, misturamos todo 

cunha culler de madeira e reservamos.
 
4. Nunha mesa coa superficie moi limpa, esparexemos un 

pouquiño de fariña por riba para traballar ben a masa e que non 

se nos pegue á mesa.
 
5. Estendemos cun rolo a masa ata que quede unha capa finiña.
 
6. Cun bol pequeno ou unha cunca grande vamos facendo a forma

 redonda das empanadillas.
 
7. Poñemos unha culler da carne picada tiñamos reservada no 

centro do redondel de masa e pregamos o redondel sobre si 

mesmo.
 
8. Cun garfo imos selando os extremos da empanadilla. Con ese 

mesmo garfo damos un par de pinchazos á parte do recheo para 

 que no forno non estoupe.
 
9. Batemos 1 ou 2 ovos e cun pincel de cociña pintamos as nosas 

empanadillas para que collan unha cor dourada ao fornealas.
 
10. Metemos no forno un cuarto de hora (no noso forno como 

non quence moito puxémolo a 220 Cº)
 
 11. PAPAMOS AS NOSAS EMPANADILLAS!

xoves, 26 de marzo de 2020

FOCACCIA DE ROMEU E OLIVAS




 Ingredientes para facer a masa:
  • 600 gr de fariña
  • 380 gr de auga morna
  • 20 gr de aceite de oliva
  • 1 sobre de fermento de panadaría
  • 1 belisco de azucre
  • ½ culleriña de sal

Ingredientes para o aderezo:
  • 1 culler de romeu
  • 1 culleriña de sal grosa
  • 30 gr de auga
  • 30 gr de aceite de oliva
  • Olivas en talladas

Elaboración:

Poñemos nun recipiente grande todos os ingredientes da masa. Se temos amasadora programamos uns 4 minutos, ata que vexamos a masa ben elástica. Se amasamos a man, teremos que mesturar ben todo e amasar uns 10 minutos, tamén ata ter a nosa masa ben elástica.

Nunha bandexa de forno poñemos un papel especial para forno e estiramos ben a masa enriba, dándolle a forma que queiramos. Tapámola cun pano seco e deixamos  que repouse unha hora nun lugar temperado e sen correntes.

Preparamos o aderezo que botaremos por riba da masa, mesturando todos os ingredientes do adobo menos as olivas.

Cando a masa aumente de volume (levede) repartimos o aderezo enriba, premendo cos dedos para facer uns buratiños. Por último, repartimos as talladas de oliva para que a focaccia nos quede ben xeitosa. Tamén se pode facer sen olivas, poñer uns tomatiños pequenos cortados pola metade, substituír o romeu por ourego, tomiño... Ao voso gusto.

Xa teremos o forno quente, a uns 200º (depende do voso forno) e cocemos a  masa uns 25 minutos, vixiando que non se queime ou nos quede pouco cocida.



French omelette with chorizo

Ingredients 3 eggs 3 slices of chorizo A tablespoon of olive oil A pinch of salt Directions 1. Beat eggs and salt in small bowl unti...