Ingredientes:
Flan.
Chocolate derretido.
Galletas cadradas.
Leite.
Modo de preparación:
Para o flan: dun l de leite apartamos un pouquiño para unha cunca. O resto vertémolo nun cazo para ferver. Mentres está o leite ao lume, ao leite que gardamos na cunca engadímoslle 3 sobres de flanín e remexemos para que non queden grumos.
Cando o leite que temos na pota esté fervendo engadímoslle esta mestura e a lume lento imos remexendo sen parar ata que se poña espeso.
Antes de que o leite que está na pota ferva podemos engadinlle 3 culleriñas de azucre.
Para o chocolate: nunha pota botamos un chisquiño de leite e unha barra de chocolate para fundir cortada en cachiños pequenos. A lume lento imos remexendo ata que o chocolate se vai desfacendo e espesando.
Último paso: unha vez temos preparado o flan e o chocolate empezamos a montar a tarta.
Nun prato fondo botamos un pouco de leite e mollamos alí as galletas antes de poñelas no molde, facendo así a primeira capa da tarta. Seguidamente, vertemos un pouco flan e estendémolo para que cubran todas as galletas. Unha vez feito esto, colocamos enriba do flan vertido outra capa de galletas seguido o mesmo procedemento de antes (mollar a galleta no leite antes de poñela no molde). Agora tócalle á capa de chocolate, vertemos un pouco e cubrimos a capa de galletas e así sucesivamente: galleta, flan , chocolate, galleta, flan, chocolate...
A última capa podemos cubrila con flan ou chocolate, ao gusto do consumidor.
Acabadas as capas da tarta metémola na nevera e deixámola a refriar un par de horiñas.
Amosando publicacións coa etiqueta TARTA b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TARTA b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 11 de abril de 2020
xoves, 26 de marzo de 2020
TARTA DE QUEIXO FRÍA.
Ingredientes:
-1 L de nata.
-200 g de queixo para untar.
-1 vaso de leite.
-1 vaso de azucre.
-1 sobre de callada.
Para a base:
-1 paquete de galletas María.
-2 culleres de manteiga.
Elaboración:
1. Machacamos as galletas e derretimos a manteiga. Mesturamos as dúas cousas e formamos unha base no molde con esta mestura. Reservámola.
2. Botamos todos os ingredientes nunha pota e poñémola a lume lento sen deixar de remover ata que ferva.
3. Botamos a mestura fervida no molde e esperamos a que enfríe. Cando esté fría, metémola na neveira unhas 4 horas.
4. Unha vez pasado ese tempo, desmoldamos a tarta e xa podemos adornala como máis nos guste; con marmelada, caramelo ou mel.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
French omelette with chorizo
Ingredients 3 eggs 3 slices of chorizo A tablespoon of olive oil A pinch of salt Directions 1. Beat eggs and salt in small bowl unti...

-
PIZZA AO ESTILO DE XAVIER INGREDIENTES: . Masa precociñada para pizza . 1 tomate . Mozzarela fresca (2 p...
-
" CROQUETAS CASEIRAS DE ESPINACAS E CHICHARRÓNS " 📌 INGREDINTES: ▪ Aceite de oliva (8 culleres) ▪ Manteiga (50 grs.) ...
-
Algún de vós xa vería a Tareixa no canle de LSE do cole facendo esta receita, pero apetecíame compartila aquí.