martes, 31 de marzo de 2020

Bacallau ó forno

Ingredientes ( 4 personas)
 4 lomos gordos de bacallau.
2-3 pementos grandes vermellos/ verdes.
1 cebola
Aceite

Preparación: 
Botamos abundante aceote nun sartén e douramos a cebola cortada en cachiños moi pequenos.
Mentras se doura a celola imos picando os pementos, tamén en cachiños pequenos para engadirlle a cebola, unha vez todo na sartén deixamos pochar todo durante 15 minutos aproximadamente.
Cando esté todo pochadiño reservamos.
Nunha bandexa apta para o forno poñemos os lomos de bacallau e botámoslle por enriba toda a salsa feita na sartén e que tiñamos reservada.
Meter no forno a 180 durante 20/25 min.
A esta receita non lle botamos sal porque o bacallau xa está a punto de sal.
Podemos acompañar este bacallau cunhas patacas cocidas e unha ensalada.
A comer!!

Nesta segunda foto vemos a cebola e os pementos dourandose na sartén.


4 comentarios:

  1. Encántanme o bacallau e os pementos, ten que estar boísima! A Dana tereille que facer sen pementos porque é como Shin Chan, non quere nin velos... jajaja

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. 🤣😂🤣😂, a min só me gustan fritos. Ummm, 🌶 fritos con 🥔 fritas ! 😋

      Eliminar
  2. jajajaja. a nós os pementos tampouco nos gustan moito e apartámosllos.
    Esta receita doulla a cociñeira do cpi de trazo, o cole onde estivo miña nai o ano pasado.
    Gorka.

    ResponderEliminar
  3. 😂 A min non me chista moito o bacallau pero pasareille a receita á miña avoa que é moi fan dese peixe 😜, grazas por compartir! 😎

    ResponderEliminar

French omelette with chorizo

Ingredients 3 eggs 3 slices of chorizo A tablespoon of olive oil A pinch of salt Directions 1. Beat eggs and salt in small bowl unti...