xoves, 26 de marzo de 2020

CALDO GALEGO




INGREDIENTES: (para 6 persoas)

- 100 gramos de fabas brancas
- 1/2 kilo de patacas
- 2 feixes de grelos
- 50 gramos de unto
- Un anaco de touciño salado
- 3 litros de auga
- Sal
- 3 ou 4 chourizos



Resultado de imagen de caldo gallego



O día anterior póñense a remollo as fabas. Separadamente faise o mesmo co touciño, co fin de desalalo.
Nunha cazola, con abundante auga, cocense durante 4 horas o touciño e o unto ata que a auga adquira unha cor branca.
Cólase esta auga e cócense nela as fabas e noutra cazola as patacas cortadas en anacos pequenos e os grelos troceados a man.
Engádese o sal necesario e deixase 15-20 minutos, servíndose moi quente.

2 comentarios:

  1. Grazas Iker! Estas receitas de culler non poden faltar.

    ResponderEliminar
  2. Encántame o calidiño de miña nai. Eu son unha malísima cociñeira, pero intentareino con esta receta. Graciñas

    ResponderEliminar

French omelette with chorizo

Ingredients 3 eggs 3 slices of chorizo A tablespoon of olive oil A pinch of salt Directions 1. Beat eggs and salt in small bowl unti...