xoves, 26 de marzo de 2020

Biscoito con chispas de chocolate.

Ingredientes (para 4 persoas) :
4 ovos.
250 g de azucre (un vaso).
375 g de fariña(un vaso e medio).
200 ml de tona.
Un sobre de fermento.
Un pouco de manteiga para o molde.
Fideos de chocolate.

Preparación:

1. Bate os ovos co azucre, engádelles a tona e mestura ben. Vai botando a fariña e o fermento pouco a pouco sen deixar de remexer.Engade uns poucos fides de chocolate a masa(a gusto do consumidor, pero sen pasarse). Avisa a unha persoa adulta para que quente o forno a 180ºC.

2. Unta o molde cun pouco de manteiga, bótalle a masa que fixeches e enforna durante 45 minutos.

Nota: despois de untar con manteiga o molde, espolvorea tamén con fariña.

E agora si... A comer!!










2 comentarios:

  1. Que boa pinta! Mandade un anaquiño para aquí... jeje

    ResponderEliminar
  2. Mandámoscho cunha lechuza 🦉 que elas si que poden sair 😜
    Gorka.
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar

French omelette with chorizo

Ingredients 3 eggs 3 slices of chorizo A tablespoon of olive oil A pinch of salt Directions 1. Beat eggs and salt in small bowl unti...