luns, 30 de marzo de 2020

FILLOAS


INGREDIENTES
1/2 l. de leite200 grs de fariña
4 ovos
50Grs de mantequilla fundida
Unha pizquiña de sal
Aroma o gusto( limón rallado, canela, vainilla..)
Azucre e canela moida para espolvorear
Paso 1º
Mezclamos nun cacharriño axeitado todos os ingredientes menos a fariña, que se porá o final, pouco a pouco. Si queda algun bolo, colarémos a masa.

Paso 2º
Poñemos unha tixola no lume, untada con mantequilla (ou touciño, si se quere ser mais fiel á tradición...) Quentamos ben.
Paso 3º
Collemos como 1/2 cucharón de masa que extenderemos na tixola , movéndona suaviño. Cando esté callada, levantaremos un borde axudados con unha culler , e collido cos dedos, daremoslle volta sin medo. Un pouco mais no lume...e fora: a un plato. Botamolle azucar e canela ó gusto. ... E bó proveito.





4 comentarios:

  1. Que boas filloas!! Traenas para aquí que as papamos!!!

    ResponderEliminar
  2. Estou con Simón! Este ano non puidemos probar os doces de entroido no cole... botámolos en falta!

    ResponderEliminar
  3. Ehhh. Eu tamén me apunto!! Nunca fun quen de darlle a volta. En vez de filloas fago churros!!jijiji

    ResponderEliminar
  4. As filloas son un alimento delicioso q non precisa de moitos ingredintes pero ten a dificultade de viralas na tixola, eu queimome 😁 e esa labor non son capaz de facela soa. 🤣

    ResponderEliminar

French omelette with chorizo

Ingredients 3 eggs 3 slices of chorizo A tablespoon of olive oil A pinch of salt Directions 1. Beat eggs and salt in small bowl unti...