xoves, 26 de marzo de 2020

FOCACCIA DE ROMEU E OLIVAS




 Ingredientes para facer a masa:
  • 600 gr de fariña
  • 380 gr de auga morna
  • 20 gr de aceite de oliva
  • 1 sobre de fermento de panadaría
  • 1 belisco de azucre
  • ½ culleriña de sal

Ingredientes para o aderezo:
  • 1 culler de romeu
  • 1 culleriña de sal grosa
  • 30 gr de auga
  • 30 gr de aceite de oliva
  • Olivas en talladas

Elaboración:

Poñemos nun recipiente grande todos os ingredientes da masa. Se temos amasadora programamos uns 4 minutos, ata que vexamos a masa ben elástica. Se amasamos a man, teremos que mesturar ben todo e amasar uns 10 minutos, tamén ata ter a nosa masa ben elástica.

Nunha bandexa de forno poñemos un papel especial para forno e estiramos ben a masa enriba, dándolle a forma que queiramos. Tapámola cun pano seco e deixamos  que repouse unha hora nun lugar temperado e sen correntes.

Preparamos o aderezo que botaremos por riba da masa, mesturando todos os ingredientes do adobo menos as olivas.

Cando a masa aumente de volume (levede) repartimos o aderezo enriba, premendo cos dedos para facer uns buratiños. Por último, repartimos as talladas de oliva para que a focaccia nos quede ben xeitosa. Tamén se pode facer sen olivas, poñer uns tomatiños pequenos cortados pola metade, substituír o romeu por ourego, tomiño... Ao voso gusto.

Xa teremos o forno quente, a uns 200º (depende do voso forno) e cocemos a  masa uns 25 minutos, vixiando que non se queime ou nos quede pouco cocida.



2 comentarios:

French omelette with chorizo

Ingredients 3 eggs 3 slices of chorizo A tablespoon of olive oil A pinch of salt Directions 1. Beat eggs and salt in small bowl unti...