Ingredientes para
facer a masa:
- 600 gr de fariña
- 380 gr de auga morna
- 20 gr de aceite de oliva
- 1 sobre de fermento de panadaría
- 1 belisco de azucre
- ½ culleriña de sal
Ingredientes para
o aderezo:
- 1 culler de romeu
- 1 culleriña de sal grosa
- 30 gr de auga
- 30 gr de aceite de oliva
- Olivas en talladas
Elaboración:
Poñemos nun
recipiente grande todos os ingredientes da masa. Se temos amasadora programamos
uns 4 minutos, ata que vexamos a masa ben elástica. Se amasamos a man, teremos
que mesturar ben todo e amasar uns 10 minutos, tamén ata ter a nosa masa ben
elástica.
Nunha bandexa de
forno poñemos un papel especial para forno e estiramos ben a masa enriba,
dándolle a forma que queiramos. Tapámola cun pano seco e deixamos que repouse unha hora nun lugar
temperado e sen correntes.
Preparamos o aderezo
que botaremos por riba da masa, mesturando todos os ingredientes do adobo menos
as olivas.
Cando a masa
aumente de volume (levede) repartimos o aderezo enriba, premendo cos dedos para
facer uns buratiños. Por último, repartimos as talladas de oliva para que a focaccia
nos quede ben xeitosa. Tamén se pode facer sen olivas, poñer uns tomatiños
pequenos cortados pola metade, substituír o romeu por ourego, tomiño... Ao voso
gusto.
Xa teremos o
forno quente, a uns 200º (depende do voso forno) e cocemos a masa uns 25
minutos, vixiando que non se queime ou nos quede pouco cocida.
Esta vou probala! Xa vos contarei...
ResponderEliminarQue boa pinta!
ResponderEliminarVou probar un día a facela na miña casa!