xoves, 26 de marzo de 2020

TARTA DE QUEIXO FRÍA.


Ingredientes:

-1 L de nata.
-200 g de queixo para untar.
-1 vaso de leite.
-1 vaso de azucre.
-1 sobre de callada.

Para a base:

-1 paquete de galletas María.
-2 culleres de manteiga.





Elaboración:

1. Machacamos as galletas e derretimos a manteiga. Mesturamos as dúas cousas e formamos unha base no molde con esta mestura. Reservámola.

2. Botamos todos os ingredientes nunha pota e poñémola a lume lento sen deixar de remover ata que ferva.

3. Botamos a mestura fervida no molde e esperamos a que enfríe. Cando esté fría, metémola na neveira unhas 4 horas.

4. Unha vez pasado ese tempo, desmoldamos a tarta e xa podemos adornala como máis nos guste; con marmelada, caramelo ou mel.

Tortilla de Patacas en Familia

Boas a tod@s!Saudiños dende Ribeira. Son a  profe Ana e estou na casiña co meu fillo Mauro que ten 6 aniños. Hoxe  entre os dous fixemos a súa comida preferida ...TORTILLA DE PATACAS!!!. A quen non lle gusta?? Mandámosvos unha receta feita con moito cariño!! Mil biquiños para todos e espero que a entendades ben!!

ARROZ CON POLO



INGREDIENTES:

1 1/2 cunca follas de cilantro

4 follas de espinaca

4 patas e coxas de polo sen pel

Sal e pementa

1/4 cunca aceite vexetal

1 cunca de cebola picada

1 cullerada de allo picado

1/2 cunca de pasta de chile

1 cunca de cervexa

2 cuncas de caldo de polo

1 cunca aceite vexetal

2 cuncas de arroz de gran longo

1/4 cunca de chícharos (petit pois, guisantes)

1/4 taza de cenoria

1/2 pementa vermella, cortada en

1 cunca de millo branco

Instrucións


1.Nun liquidificador, mestura o cilantro xunto coa espinaca e a auga para facer unha pasta suave. Reserva.

2. Secar o polo cunha toalla de papel e condimentalo con sal e pementa. Nunha cazola, quenta o aceite a lume medio e frite o polo ata que estea dourado polos dous lados, aproximadamente 7 minutos. Retírao da pota e pona nun prato.


3. Na mesma pota, frite a cebola, o allo e a pasta de pementa amarela, axitando durante 5 minutos. Engadir o cilantro e a espinaca licuada, fritir durante 3 minutos. Engade a cervexa, o caldo de polo e engade o pollo á pota.


4. Ferva, cubra e baixa o lume. Cociñar durante 20 minutos. Corrixir o condimento con máis sal e pementa se é necesario.


5. Noutra pota quenta 1 cullerada de aceite. Engadir o arroz e remexer ben. Engade os chícharos, as cenorias, o pemento, o millo e 3 cuncas de 1/2 do caldo que empregou para cociñar o polo. Deixar ferver, cubrir, baixar o lume ao mínimo e deixar cociñar 20 a 25 minutos. Incorporar cunha tenedor e cubrir de novo.


6. Cando o arroz estea listo, servilo en catro pratos, encima cunha perna de polo e salsa criolla ao lado. Se tamén queres un pequeno zume no que se cociñou o polo.

7. Para facer a salsa criolla, corta 1/2 cebola vermella en franxas moi finas en longo, lave ben e drena. Mestura con 1/2 tomate cortado en tiras moi finas, follas de cilantro, sal, pementa, zume de 1 limón e 1 cucharada de aceite de oliva. Se queres podes engadir tiras de chile.

Pescada rechea de gambas

Ingredientes (para 4 persoas):
-> Un pouco de queixo
-> 4 rebanadas de xamón curado
-> 1 ovo
-> 8 filetes de pescada
-> Fariña
-> Aceite
-> Sal
Ingredientes da salsa:
-> 150 g. De gambas peladas
-> 1 rebanada de xamón curado.
-> Salsa de asado
-> 4 Culleradas de salsa de tomate
-> Aceite
IMOS ALÁ!
Sazonade a pescada con sal e colocade entre cada dous filetes de pescada un pouco de queixo, unha rebanada de xamón picado, a salsa de tomate e a salsa do asado. 
 
Cociña todo xunto no forno uns minutos.
Cubre o pescado coa salsa moi quente.

A DESFRUTAR DUNHA COMIDA EN FAMILIA ESTES DÍAS MOI RICA!
* O que estea desta cor é algo sobre como cociñar a pescada.
O que estea desta cor é algo sobre a salsa.

NOA ;)

CALDO GALEGO




INGREDIENTES: (para 6 persoas)

- 100 gramos de fabas brancas
- 1/2 kilo de patacas
- 2 feixes de grelos
- 50 gramos de unto
- Un anaco de touciño salado
- 3 litros de auga
- Sal
- 3 ou 4 chourizos



Resultado de imagen de caldo gallego



O día anterior póñense a remollo as fabas. Separadamente faise o mesmo co touciño, co fin de desalalo.
Nunha cazola, con abundante auga, cocense durante 4 horas o touciño e o unto ata que a auga adquira unha cor branca.
Cólase esta auga e cócense nela as fabas e noutra cazola as patacas cortadas en anacos pequenos e os grelos troceados a man.
Engádese o sal necesario e deixase 15-20 minutos, servíndose moi quente.

TORTIÑAS DE PLÁTANO

PANCAKES DE PLÁTANO SIN FARIÑA.


📌 LISTA DE INGREDIENTES:
▪ 2 Plátanos
▪ 2 Ovos
▪ Edulcorante ó gusto ou mel

📌 TOPPINGS:
▪ Marmelada
▪ Iogur
▪ Plátano en fetas
▪ Chispas de chocolate
... tamén acepta outros toppings ó gusto.

✏📝MODO DE PREPARACIÓN:
🍲🍌🍌🥚🥚
Nun bol. Desenfundamos os dous plátanos e engadímolos ó bol, pisámolos cun garfo e trituramos con forza e enerxía. Engadimos os dous ovos e mezclamos con intensidade ata obter unha papa.
Nunha tixola. Engrasamos cunhas pingas de aceite de oliva e poñémola ó lume, cando ésta está quente engadimos duas culleres sopeiras da masa á tixola, ó estar doradiña virámola e xa temos a nosa primeira tortiña.
Repetimos a operación ata rematar toda a masa.
Xa está, tortiñas listas!
Decoramos ó gusto co topping máis desexado. 😋

PIZZA AO ESTILO DE XAVIER


PIZZA AO ESTILO DE XAVIER


INGREDIENTES:

. Masa precociñada para pizza

. 1 tomate 

. Mozzarela fresca (2 paquetes)

. Queixo Cheddar (á vontade)

. Ourego


MANS Á OBRA!

1. Primeiro amasamos e estiramos ben a masa que vamos usar.

2. Collemos un relador e relamos o tomate fresco. Botamos o tomate relado na masa, esparexéndoo ben.

3. Cortamos a mozzarella en anacos pequenos e a botamos enriba do tomate.

4. Relamos o queixo cheddar e esparexémolo ata cubrir ben toda a masa.

5. Poñemos ourego ao noso gusto.

6. Acendemos o forno a 180 ºC. Cando o forno estea quente, metemos a pizza no forno durante 20 minutos.

7. Sacamos a pizza, deixamos arrefriar un pouquiño.... E A DESFRUTAR!


French omelette with chorizo

Ingredients 3 eggs 3 slices of chorizo A tablespoon of olive oil A pinch of salt Directions 1. Beat eggs and salt in small bowl unti...