xoves, 26 de marzo de 2020

FOCACCIA DE ROMEU E OLIVAS




 Ingredientes para facer a masa:
  • 600 gr de fariña
  • 380 gr de auga morna
  • 20 gr de aceite de oliva
  • 1 sobre de fermento de panadaría
  • 1 belisco de azucre
  • ½ culleriña de sal

Ingredientes para o aderezo:
  • 1 culler de romeu
  • 1 culleriña de sal grosa
  • 30 gr de auga
  • 30 gr de aceite de oliva
  • Olivas en talladas

Elaboración:

Poñemos nun recipiente grande todos os ingredientes da masa. Se temos amasadora programamos uns 4 minutos, ata que vexamos a masa ben elástica. Se amasamos a man, teremos que mesturar ben todo e amasar uns 10 minutos, tamén ata ter a nosa masa ben elástica.

Nunha bandexa de forno poñemos un papel especial para forno e estiramos ben a masa enriba, dándolle a forma que queiramos. Tapámola cun pano seco e deixamos  que repouse unha hora nun lugar temperado e sen correntes.

Preparamos o aderezo que botaremos por riba da masa, mesturando todos os ingredientes do adobo menos as olivas.

Cando a masa aumente de volume (levede) repartimos o aderezo enriba, premendo cos dedos para facer uns buratiños. Por último, repartimos as talladas de oliva para que a focaccia nos quede ben xeitosa. Tamén se pode facer sen olivas, poñer uns tomatiños pequenos cortados pola metade, substituír o romeu por ourego, tomiño... Ao voso gusto.

Xa teremos o forno quente, a uns 200º (depende do voso forno) e cocemos a  masa uns 25 minutos, vixiando que non se queime ou nos quede pouco cocida.



Biscoito con chispas de chocolate.

Ingredientes (para 4 persoas) :
4 ovos.
250 g de azucre (un vaso).
375 g de fariña(un vaso e medio).
200 ml de tona.
Un sobre de fermento.
Un pouco de manteiga para o molde.
Fideos de chocolate.

Preparación:

1. Bate os ovos co azucre, engádelles a tona e mestura ben. Vai botando a fariña e o fermento pouco a pouco sen deixar de remexer.Engade uns poucos fides de chocolate a masa(a gusto do consumidor, pero sen pasarse). Avisa a unha persoa adulta para que quente o forno a 180ºC.

2. Unta o molde cun pouco de manteiga, bótalle a masa que fixeches e enforna durante 45 minutos.

Nota: despois de untar con manteiga o molde, espolvorea tamén con fariña.

E agora si... A comer!!










martes, 24 de marzo de 2020

LENTELLAS CON CHOURIZO


INGREDIENTES (para 4 persoas):

400 gramos de lentellas
1 cebola
1 pataca pequena
1 apio
1 tomate
1 cenoria
1 chourizo
Comiño, especias para callos, noz moscada, pementa doce
Sal, aceite, auga


  • Poñemos auga nunha pota, engadimos o sal e as lentellas. Botamos tamén a cebola, o apio, a cenoria e a pataca (dentro dunha rede para legumes, se temos unha, para logo sacalas da pota). Se temos un anaco de carne podemos engadilo tamén.
  • Mentres comezan a ferver as lentellas, poñemos nunha tixola un pouco de aceite, o chourizo cortado ao gusto de cadaquén e raiamos o tomate.
  • Engadimos as especias tixola: un pouco de comiño, especias para callos, noz moscada e pementa doce removemos ben. Botamos tamén un pouco de auga da pota das lentellas e deixamos cociñarse 5 minutos.
  • Pasado este tempo engadimos todo o contido da tixola á pota, removemos e deixamos cociñarse outros 20 minutos.
  • Pasado este tempo, retiramos as legumes e as trituramos co batedor, facendo un puré que volveremos a engadir ás lentellas. Remexemos e deixamos outros 5 minutos ao lume.
  • Xa temos as nosas lentellas listas!

French omelette with chorizo

Ingredients 3 eggs 3 slices of chorizo A tablespoon of olive oil A pinch of salt Directions 1. Beat eggs and salt in small bowl unti...