martes, 21 de abril de 2020

FAJITAS AO ESTILO TITI (4 PERSOAS)

INGREDIENTES
 400 gramos de polo
 1 pemento verde e outro vermello
 1 cebola
 1 vasiño de arroz branco
 8 pan de fajitas
 Sal
 Viño branco
 Salsa picante para fajitas

PREPARACIÓN
 Picar o pemento e a cebola en xuliana.
 Cortar o polo en tiras.
 Engadir aceite na tixola. Botar a cebola e o pemento na tixola e deixalo pochar.
 Cando estén feitos botar o polo en tiras.
 Cando o polo este dourado engadir sal pementa negra e viño branco.
 Deixar reducir o viño .
 Por outra parte coller un cazo e botar un pouco de aceite, un vaso e medio de arroz e tres vasos de auga.
 E deixar o arroz facerse.
 Unha vez feito, coller o pan e meter dentro o que anteriormente cociñamos.
 E por último engadirlle salsa mexicana.
 E listo para comer.

HUGO SALGADO

luns, 20 de abril de 2020

ORELLAS

ORELLAS

INGREDIENTES:

- 1 kg de fariña
- 200 g de manteiga
- A raiadura dun limón
- A raiadura de media laranxa
- O zume dunha laranxa
- 3 ovos
- 75 g de azucre glaseé
- Un frasco de anís para repostería





PREPARACIÓN

Bátense os ovos co azucre, as raiaduras de laranxa e limón, o zume e o anís.
Pouco a pouco vaise incorporando a fariña, removendo continuamente cunha espátula de madeira. Canto máis se amase, máis fina resultará a masa. Incorpóraselle tamén a manteiga que previamente abrandamos.
Espolvoreamos fariña sobre unha superficie de mármore e extendemos sobre ela a masa que preparamos ata conseguir unhas láminas moi finas. Córtase a masa en rectángulos duns 15 x 10 cm e fríense por ambas partes en aceite non moi quente.
Mentres se fríen pódenselles dar cun garfo a forma de orella. Deben quedar dunha cor dourada.
Según se van sacando da tixola, escúrrense de aceite sobre un papel de cociña. Unha vez frías espolvoréanse co azucre glaseé.

Albóndegas con arroz.


Ingredientes para as albóndegas:

500 g de carne picada de porco.
500 g de carne picada de tenreira.
Cenoria relada.
Media cebola relada.
3 dentes de allo relados.

Mesturamos todos os ingredientes das albóndegas e facemos con eles pelotas de un tamaño axeitado.
Ingredientes para a súa preparación:
Un pemento verde.
Un pemento vermello.
Un pemento amarelo.
Unha ou dúas cenorias.
Champiñóns.
Chícharos.
Arroz.
Sal.
Viño branco.
Caldo de Avecrem.
Preparación:

Unha vez mesturados todos os ingredientes e feito con eles pelotiñas dun tamaño axeitado, preparamos unha pota e engadímoslle un pouquiño de aceite, cando o aceite esté un pouquiño quente, enfariñamos as albóndegas e botámolas na pota para que se douren. Mentres se están dourando, se vemos que se pegan engadimos un pouquiño de viño branco e imos engadindo pemento vermello, pemento verde e pemento amarelo cortado en cachiños pequenos; engadimos tamén cortado en cachiños pequenos dúas cenorias e champiñóns cortados en láminas e os chícharos.
Cada certo tempo se é preciso, engadimos un chorriño de viño branco ou un caldo de Avecrem. Deixamos todo esto no lume entre 30 e 40 minutos.
Pasado este tempo engadimos o arroz e deixámolo 15 minutos e engadimos sal.
E agora... a comer!!!





Flores  de masa follada

Ingredientes:
- Masa follada
- Marmelada
- Cabelos de anxo
- Xeado
- Azucre

Preparación: IMOS ALA!!!
Colle a masa follada e corta a masa follada en cadrados.
En cada esquina marca unha segunda esquina por debaixo. Agora debes poñer marmelada e cabelos de anxo no centro. Colle a masa follada que hai entre as esquinas e unifícaas cuns dedos pegando a
masa. Pon azucre por enriba.
Agora xa toca metelo no forno.
180º quince minutos no forno.



Agora vos preguntaredes onde está o xeado... Está de acompañamento! Non tedes porque poñelo. Podedes poñer outras moitas cousas. Desfrutadeo!

Esta receita é da miña avoa.

sábado, 11 de abril de 2020

Tarta da avoa

Ingredientes:

Flan.
Chocolate derretido.
Galletas cadradas.
Leite.

Modo de preparación:
Para o flan: dun l de leite apartamos un pouquiño para unha cunca. O resto vertémolo nun cazo para ferver. Mentres está o leite ao lume, ao leite que gardamos na cunca engadímoslle 3 sobres de flanín e remexemos para que non queden grumos.
Cando o leite que temos na pota esté fervendo engadímoslle esta mestura e a lume lento imos remexendo sen parar ata que se poña espeso.
Antes de que o leite que está na pota ferva podemos engadinlle 3 culleriñas de azucre.
Para o chocolate: nunha pota botamos un chisquiño de leite e unha barra de chocolate para fundir cortada en cachiños pequenos. A lume lento imos remexendo ata que o chocolate se vai desfacendo e espesando.
Último paso: unha vez temos preparado o flan e o chocolate empezamos a montar a tarta.
Nun prato fondo botamos un pouco de leite e mollamos alí as galletas antes de poñelas no molde, facendo así a primeira capa da tarta. Seguidamente, vertemos un pouco flan e estendémolo para que cubran  todas as galletas. Unha vez feito esto, colocamos enriba do flan vertido outra capa de galletas seguido o mesmo procedemento de antes (mollar a galleta no leite antes de poñela no molde). Agora tócalle á capa de chocolate, vertemos un pouco e cubrimos a capa de galletas e así sucesivamente: galleta, flan , chocolate, galleta, flan, chocolate...
A última capa podemos cubrila con flan ou chocolate, ao gusto do consumidor.
Acabadas as capas da tarta metémola na nevera e deixámola a refriar un par de horiñas.







xoves, 9 de abril de 2020

Miniquiches de espinacas

Ingredientes (para 4 persoas)
1 ou. 2 bolsas de obleas de empanadillas.(depende do tamaño do molde).
Espinacas (ao gusto).
4 ovos.
200 ml de tona.
Queixo relado. (ao gusto).

Preparación:
poñemos as obleas nos moldes con coidado de non rompelas.
Lavámos as espinacas, partímolas en anaquiños coas mans e enchemos os moldes de espinacas.
Batemos os ovos coa tona, unha vez está todo ben mesturado vertemos a mestura no molde. 
Cando teñamos os moldes cheos, cubrímolos por riba con queixo relado.
Por último, metémolos no forno 20/25 min a 200 graos(o forno debe estar quente, polo que debemos prendelo 5 minutos antes de usalo).
 E agora...a comer!!!








French omelette with chorizo

Ingredients 3 eggs 3 slices of chorizo A tablespoon of olive oil A pinch of salt Directions 1. Beat eggs and salt in small bowl unti...