EMPANADA
DE POLO E REPOLO (masa galega)
INGREDIENTES:
150ml
de aceite de oliva
40g
de levadura de panadaría
200ml
de auga do tempo
600g
de fariña de trigo (reservamos 150g para despois)
Un
pouquiño de sal
*Podes
rechear a empanada co que queiras, neste caso eu
fíxena de de polo e
repolo, cun pouco de queixo raiado
ELABORACIÓN
DA MASA:
Botar
450g de fariña nun recipiente fondo.
Mesturar
a levadura coa auga.
Deixar
que repouse 1 ou 2 minutos ata que a levadura termine o
seu proceso.
Berter
a auga coa levadura no recipiente da fariña.
Engadir
o aceite e o sal cos outros alimentos.
Mesturar
coas mans todos os ingredientes.
Espolvorear
a fariña que nos queda onde imos traballar a masa.
Imos
amasando coas mans ata que poidamos manipular a masa
con mais rápidez
e quede elástica.
Cando
xa estea elástica deixámola reposar (mais ou menos
30minutos) nun
recipiente cunha pouca fariña e
tapámola cun trapo.
Mentres
repousa podemos ir preparando o recheo, neste
caso
faremos o seguinte:
Cortar
o repolo en tiras e despois cortalo pola metade (se é moi
grande
podedes cortalo mais)
Pasar
un pouquiño o repolo e o polo na tixola.
E
xa teríamos o recheo.
DESPOIS...
Cando
remate o tempo de repouso, amasámola un pouco para quitar o
aire e cortámola en
dous.
Unha
metade vai ser
a parte de abaixo e a outra metade a parte de arriba.
Estiramos
a parte de abaixo e poñémola nunha bandexa de forno.
Botamos
o recheo e despois tapámola coa outra parte.
Metemos
a empanada no forno a 180graos, durante 40 e 45 minutos.
Nunca probei unha empanada con repolo, pero ten que estar deliciosa... Grazas Lía!
ResponderEliminar🤗 Ten que estar boísima! A empanada acepta todo tipo de recheos, animarei na miña casa para que a fagamos porque nunca fixemos unha empanada con este recheo.😉
ResponderEliminar