venres, 27 de marzo de 2020

Empanada de polo e repolo



EMPANADA DE POLO E REPOLO (masa galega)

INGREDIENTES:

150ml de aceite de oliva

40g de levadura de panadaría

200ml de auga do tempo

600g de fariña de trigo (reservamos 150g para despois)

Un pouquiño de sal

*Podes rechear a empanada co que queiras, neste caso eu 

fíxena de de polo e repolo, cun pouco de queixo raiado


ELABORACIÓN DA MASA:

Botar 450g de fariña nun recipiente fondo.

Mesturar a levadura coa auga.

Deixar que repouse 1 ou 2 minutos ata que a levadura termine o 
seu proceso.

Berter a auga coa levadura no recipiente da fariña.

Engadir o aceite e o sal cos outros alimentos.

Mesturar coas mans todos os ingredientes.

Espolvorear a fariña que nos queda onde imos traballar a masa.

Imos amasando coas mans ata que poidamos manipular a masa 
con mais rápidez e quede elástica.

Cando xa estea elástica deixámola reposar (mais ou menos 

30minutos) nun recipiente cunha pouca fariña e tapámola cun trapo.



Mentres repousa podemos ir preparando o recheo, neste caso 

faremos o seguinte:

Cortar o repolo en tiras e despois cortalo pola metade (se é moi 
grande podedes cortalo mais)

Pasar un pouquiño o repolo e o polo na tixola.

E xa teríamos o recheo.

 DESPOIS...

Cando remate o tempo de repouso, amasámola un pouco para quitar o aire e cortámola en dous.

Unha metade vai ser a parte de abaixo e a outra metade a parte de arriba.

Estiramos a parte de abaixo e poñémola nunha bandexa de forno.

Botamos o recheo e despois tapámola coa outra parte.

Metemos a empanada no forno a 180graos, durante 40 e 45 minutos.




 


2 comentarios:

  1. Nunca probei unha empanada con repolo, pero ten que estar deliciosa... Grazas Lía!

    ResponderEliminar
  2. 🤗 Ten que estar boísima! A empanada acepta todo tipo de recheos, animarei na miña casa para que a fagamos porque nunca fixemos unha empanada con este recheo.😉

    ResponderEliminar