ORELLAS
INGREDIENTES:
- 1 kg de fariña
- 200 g de manteiga
- A raiadura dun limón
- A raiadura de media laranxa
- O zume dunha laranxa
- 3 ovos
- 75 g de azucre glaseé
- Un frasco de anís para repostería
PREPARACIÓN
Bátense os ovos co azucre, as raiaduras de laranxa e limón, o zume e o anís.
Pouco a pouco vaise incorporando a fariña, removendo continuamente cunha espátula de madeira. Canto máis se amase, máis fina resultará a masa. Incorpóraselle tamén a manteiga que previamente abrandamos.
Espolvoreamos fariña sobre unha superficie de mármore e extendemos sobre ela a masa que preparamos ata conseguir unhas láminas moi finas. Córtase a masa en rectángulos duns 15 x 10 cm e fríense por ambas partes en aceite non moi quente.
Mentres se fríen pódenselles dar cun garfo a forma de orella. Deben quedar dunha cor dourada.
Según se van sacando da tixola, escúrrense de aceite sobre un papel de cociña. Unha vez frías espolvoréanse co azucre glaseé.
Ui, que gañas me fixestes das orellas,a miña avoa bótalle moito anís pero o licor. Encántanme os doces do Entroido! 😍
ResponderEliminar