400 gramos de polo
1 pemento verde e outro vermello
1 cebola
1 vasiño de arroz branco
8 pan de fajitas
Sal
Viño branco
Salsa picante para fajitas
PREPARACIÓN
Picar o pemento e a cebola en xuliana.
Cortar o polo en tiras.
Engadir aceite na tixola. Botar a cebola e o pemento na tixola e deixalo pochar.
Cando estén feitos botar o polo en tiras.
Cando o polo este dourado engadir sal pementa negra e viño branco.
Deixar reducir o viño .
Por outra parte coller un cazo e botar un pouco de aceite, un vaso e medio de arroz e tres vasos de auga.
E deixar o arroz facerse.
Unha vez feito, coller o pan e meter dentro o que anteriormente cociñamos.
E por último engadirlle salsa mexicana.
E listo para comer.
HUGO SALGADO
Teño que decir que as fajitas son unha das miñas comidas favoritas
ResponderEliminarGracias pola receita Hugo!😍