Ingredientes:
-1 L de nata.
-200 g de queixo para untar.
-1 vaso de leite.
-1 vaso de azucre.
-1 sobre de callada.
Para a base:
-1 paquete de galletas María.
-2 culleres de manteiga.
Elaboración:
1. Machacamos as galletas e derretimos a manteiga. Mesturamos as dúas cousas e formamos unha base no molde con esta mestura. Reservámola.
2. Botamos todos os ingredientes nunha pota e poñémola a lume lento sen deixar de remover ata que ferva.
3. Botamos a mestura fervida no molde e esperamos a que enfríe. Cando esté fría, metémola na neveira unhas 4 horas.
4. Unha vez pasado ese tempo, desmoldamos a tarta e xa podemos adornala como máis nos guste; con marmelada, caramelo ou mel.
Encántanme as tartas de queixo! Que pintaza! Eu adoito facer a versión de forno, xa a poñerei...
ResponderEliminarSimón, cada día sorpréndesme máis!! Ahora tamén lle das a cociña!! Eu voute traer para a miña casa!!! Jijiji.Pintaza artistas
ResponderEliminar