INGREDIENTES:
(para 6 persoas)
-
100 gramos de fabas brancas
-
1/2 kilo de patacas
-
2 feixes de grelos
-
50 gramos de unto
-
Un anaco de touciño salado
-
3 litros de auga
-
Sal
-
3 ou 4 chourizos
O día anterior póñense a
remollo as fabas. Separadamente faise o mesmo co touciño, co fin de
desalalo.
Nunha
cazola, con abundante auga, cocense durante 4 horas o touciño e o
unto ata que a auga adquira unha cor branca.
Cólase
esta auga e cócense nela as fabas e noutra cazola as patacas
cortadas en anacos pequenos e os grelos troceados a man.
Engádese
o sal necesario e deixase 15-20 minutos, servíndose moi quente.
Grazas Iker! Estas receitas de culler non poden faltar.
ResponderEliminarEncántame o calidiño de miña nai. Eu son unha malísima cociñeira, pero intentareino con esta receta. Graciñas
ResponderEliminar